As aves en acuarela de Lara Rey chegan a Torrado

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MONICA IRAGO

A exposición poderase visitar ata o 26 de maio na sala cambadesa

02 may 2024 . Actualizado a las 13:41 h.

O Espazo Torrado (Cambados) acolle unha nova exposición de pintura que firma a cambadesa Lara Rey co título Aladas. A mostra inaugurarase este xoves día 2, ás 20 horas, na sala B situada na planta baixa do pazo.

A artista mostra unha serie de acuarelas nas que plasma o seu amor polos animais e tenta visibilizar, educar e amosar a diversidade de aves que se poden atopar pola contorna cambadesa. Jose Vaamonde invita á contemplación a partir desta proposta artística na súa presentación de Aladas. «Mirade cara ese árbore, cara a seca ou enriba das vosas cabezas. Poderedes ver eses seres que desafían á gravidade».

A exposición poderá visitarse ata o 26 de maio en horario de mañá e tarde, de martes a venres, os sábados de 17 a 20 horas e os domingos, de 11.30 e 13.30 horas.

Aladas coincide no tempo con Atlánticas, a exposición de fotografía que ocupa a primeira planta do pazo e firma o fotoxornalista Adrián Baúlde